sábado, 16 de noviembre de 2013

UNHA VISITA SORPRESA!

O pasado venres, 15 de novembro, grazas a librería Ler, tivemos unha visita moi desexada e esperada: BAT PAT.
 Despois dun tempo esperándoo, por fin chegou  o protagonista do noso proxecto lector do curso pasado.
A este morcego que  non se lle resiste ningún misterio, quixo estar con nós, os nenos de 3º e 4º. Falamos dos seus amigos de aventuras, dos libros... e puidemos tocalo! Quixo facer fotos connosco! Asinounos os libros!
Foi unha visita entrañable e chea de emoción!



Tamén quixo visitar nas súas aulas, aos nenos de Infantil, 1º e 2º! Todos quedaron sorprendidos pero moi ledos coa visita de BAT PAT

No hay comentarios:

Publicar un comentario