jueves, 31 de octubre de 2013

EDUCACIÓN VIAL

http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/recursos/aplicaciones-infinity/aplicaciones/educacion-vial

ALIMENTÁMONOS!

Para levar a cabo unha alimentación rica e saudable, é fundamental coñecer que tipo de alimentos, productos e nutrientes son máis beneficiosos ou necesarios e cales poden perxudicar a nosa saúde.

Coñecer  hábitos alimenticios.

Para que podas traballar a roda dos alimentos, entra e xoga sen parar!





Unha dieta equilibrada

Para ter unha boa saúde precisamos ter un bo coñecemento sobre a alimentación. Clica e escoita con moita atención.


Alimentación saudable


XA COÑECEMOS OS ALIMENTOS: PERO NON SE TRATA DE COMER O QUE NOS APETECE; PARA QUE O NOSO CORPO ESTÉ SANO E FUNCIONE BEN, PRECISAMOS FACER CADA DÍA UNHA DIETA SAUDABLE. 

FÍXATE NA PIRÁMIDE, ALGÚNS ALIMENTOS COMO OS DOCES OU AS GRAXAS DÉBENSE INXERIR MOI POUCO.OUTROS COMO A FROITA, A VERDURA E A AGUA DÉBENSE TOMAR TODOS OS DÍAS. 

NESTA PIRÁMIDE DE ALIMENTOS APRENDERÁS MÁIS, DESPOIS PINCHA NELA PARA DEMOSTRAR OS TEUS COÑECEMENTOS. 




CONTINÚA APRENDENDO AÍNDA MÁIS COUSAS SOBRE OS ALIMENTOS



martes, 29 de octubre de 2013

OS INVENTOS

A historia dos inventos é tamén a historia do home, o único que foi capaz de modificar as condicións do medio natural.
A historia dos inventos non ten nacionalidade. En distintas partes da Terra, diferentes pobos, atoparon solucións iguais ou semellantes.
Homes, pequenos grupos de homes, mulleres e nenos, andaban polos bosques, chairas e desertos, en busca de algo que comer, de auga para beber, dun lugar seguro para descansar.
Os primeiros homes enfrontáronse a serios perigos: feras salvaxes, tempestades, xeadas, sequías que os puñan a proba. Nada estaba feito; sobrevivir era unha auténtica fazaña.
Agora é o noso momento para investigar e descubrir cada un dos seus inventos para sobrevivir, mellorar as súas condicións de vida...

domingo, 27 de octubre de 2013

viernes, 25 de octubre de 2013

E CHEGOU O DÍA QUE TANTO ESPERÁBAMOS!

Hoxe, vintecinco de Outubro, e para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, os nen@s de 4º A contámoslles o conto " DINOSAURIO BELISARIO" aos pequerrechos de cinco anos. Estiveron moi atentos porque o conto era moi divertido e gracioso!
Elles aplaudíronos moito!Para rematar,regalámoslle o conto ilustrado por nós. 
Gustaríanos que o lean e desfruten tanto como nós preparándoo! 
Foi unha experiencia incrible!


jueves, 24 de octubre de 2013

ORTOGRAFÍA

Ortografía

VERBOS

Verbos

O GRAN DÍA DAS BIBLIOTECAS!

VEN A BIBLIOTECA! ESPÉRANTE UN MONTÓN DE AVENTURAS!





Partes do bo lector


 Anímovos a que disfrutedes , daHORA DE LER, dese tempiño que temos para ler e o aproveitedes para emprender unha nova lectura que vos apeteza.
  O ano pasado fixéstelo moi ben e os resultados foron estupendos. 
Cantos libros lemos ao longo o curso!! 

E agora, comprobade se estades completiños, ou se vos falta algunha das partes que debe ter calquera lector....

miércoles, 23 de octubre de 2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Para que investigedes, fagades manualidades, elaboredes receitas de cociña... !
Seguro que pasamos un Samaín alucinante!


PREPARANDO O SAMAÍN

Os nen@s de 4º A xunto coa nosa profe M. José, onte fomos a aula dos nenos de 5 anos.
Fomos compartir con eles unhas sesións de plástica  para preparar adornos de Samaín.
Gustounos moito traballar e colaborar para que os pequenos realizaran banderíns de pantasmas, cabazas, mouchos...
Estivemos en pequenos grupos, nós tiñamos que ir axudando aos pequenos.
Tamén nos demos conta que temos que ter máis paciencia e saber esperar.
A experiencia foi Xenial! 
Queremos repetilaaaaaaaaaaaaaa!


viernes, 18 de octubre de 2013

MELLORA A TÚA ATENCIÓN

Estamos tan cheos de información que non nos damos conta das pequenas cousas, por iso, déixovos este xogo para que practiquedes a agudeza visual, a atención... Coidado! Parece moi fácil pero... seguriño que levades unha sorpresa!  A practicar!



GRABAMOS O CONTO!


Ola Perellos!
Despois de varias semanas traballando a tope, por fin, puidemos grabar o conto Dinosaurio Belisario.
Noaraboa a todos, especialmente aos que non vos gusta ler moito. O esforzo foi enorme para entonar ben, vocalizar, non correr....

Agora, seguir desfrutando coa lectura!


jueves, 17 de octubre de 2013

BIBLIOTECA DE AULA

Como ben sabedes, estivemos amañando a nosa biblioteca de aula. Aportasteis libros que vos gustaron moito, eleximos libros na biblioteca do cole.
Tamén firmamos un contrato, lemos as normas de uso da biblioteca, escribimos motivos polos que nos gusta ler, e algunha cousiña máis.
Así é como quedou! 

RECORDADE: OLLOS QUE LEN, CORAZÓN QUE SINTE
UN MONTÓN DE EMOCIÓNS!


sábado, 12 de octubre de 2013

CONTO: FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS

Ola rapaces e rapazas! Como este ano desde a biblioteca, para celebrar o seu día, se  nos pide que tratemos contos de medooooooo , non deixedes de ver este.


miércoles, 9 de octubre de 2013

COMO AXUDAR AOS VOSOS FILLOS A TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICA

Como xa sabedes, no último trimestre deste curso, terá lugar o exame de Avaliación de Diagnóstico. Nesas probas os rapaces e rapaces teñen que demostraar os seus coñecementos e aplicalos a situacións da vida diaria.
A confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de alumnos( CEAPA) ten un calendario de actividades que se poden facer en familia para axudalos a ser máis competentes.


Deixovos o enlace cun artigo publicado na revista Eroski Consumer no que se explica en que consiste, xunto cun calendario con propostas para levalo a cabo xuntos.


martes, 8 de octubre de 2013