martes, 11 de octubre de 2016

As vosas investigacións!!!

Despois de estudar as fases lunares en C. Socias, propúxenvos un reto:
Terá a lúa algunha relación coa cultura Chinesa?

Rapidamente comezaschedes a investigar. Os resultados son realmente xeniais!!!



Fuchedes quen de descubrir que na  milenaria cultura china senten fascinación pola lúa.Tal é a súa fascinación, que unha das festividades familiares máis importantes, é o festival do Medio Outono, tamén chamada Festa da Lúa, día no que a lúa é máis brillante que calquera outra lúa chea. Ese día, coincide do día 15 do 8º mes  do calendario chino.

Tamén cren que na lúa vive atrapada Chang´e a muller do heroe Houyi acompañada dun coello e unha árbore ( Lenda ).

Outra lenda moi difundida di que o día do festival do Medio Outono, os chinos conmemoran o día no que  se rebelaron contra os mongoles, porque  esconderon dentro dos pasteis de lúa uns papeliños nos que dicían que ese día todos saíran a matar aos mongoles.



Para celebrar esta festividade, xuntase toda a familia para dar grazas polas colleitas, saen a contemplar a lúa e comen os pasteis de lúa.

Outro descubrimento foi o calendario lunar e o horóscopo chino


Este está determinado polo calendaro lunar e está baseado nos ciclos da lúa. Na astronomía e no calendario chino hai 12 animais porque o ciclo lunar repítese cada doce anos, un animal por cada ciclo lunar.
Os animais son: a rata, o boi, o tigre, o coello, o dragón, a serpe, o cabalo, a cabra, o mono, o galo, o can e o porco.

Como sempre, sodes capaces de investigar todo o que vos propodes e sobre todo compartir os vosos descubrimentos. 


Fantástico traballo rapaces!! 

3 comentarios: