miércoles, 1 de febrero de 2017

Almorzos saudables

Hoxe participamos na actividade " Almorzos saudables" en colaboración coa Consellería de Educación.

Primeiro, recibimos unha charla sobre os distintos tipos de alimentos e para que serven. Situámolos na roda dos alimentos.


De seguido, vimos a frecuencia con que debemos tomalos e situámolos na pirámide de alimentos.

Logo, conversamos da importancia dun almorzo saudable e completo: Un lácteo, hidratos de carbono e froita.

E... a Almorzar! Que fame tíñamos!
Pan, salchichón, améndoas, iogur, mel e unha pera. Este foi o noso almorzo. Que rico estaba!!!




Para rematar, faláronnos dos hábitos de hixiene: lavar as mans antes de comer e despois de ir ao baño.  Tamén nos recordaron da importancia do cepillado dos dentes e lingua despois de cada comida.




No hay comentarios:

Publicar un comentario