jueves, 2 de marzo de 2017

Recibimos unha carta!!!

Hoxe tivemos unha sorpresa!!! 
O profe Gil tróuxonos unha carta.

Quen nos escribirá?  Que nos contará? 




Ven de China!!!






  Abrímola? Siiii



Este é o seu contido. Escoitade, escoitade!!!!


Se prefires lela, aquí a tes.
    
                             Pekin 1 de marzo 2017
Ola: 
Son Yu Xian e vivo en China. Mamá e papá son campesiños. Teñen algunhas terras onde cultivan arroz.
Teño un irmá de quince anos, que aínda vai ao colexio. Eu teño doce, e non puiden ir á escola máis que dous anos. Por iso non sei ler nin escribir, e teño que ditar esta carta ao meu irmá para que ma escriba. De feito, en China, non saben ler unha de cada tres nenas mentres que dos nenos, só un de cada dez non sabe ler. Moita diferenza verdade?
As nenas campesiñas coma eu, a miúdo temos que quedar na casa para ocuparnos dos irmáns. Eu coido a Obu Ya, o meu irmá de tres anos.

Meus pais sempre se queixan de que nacera. Din que, no campo, cantos máis fillos homes tes, máis rico te podes volver. Pero que as nenas somos unha carga económica. O din porque cando me case, marcharei a vivir a casa dos pais do meu home e traballarei no campo para eles. Cando cumpra quince anos venderanme a un home maior ca min, co que me verei obrigada a casarme.

Esta é a miña vida!




             Un saúdo  

Que vos parece o contido?
É xusto o que lle pasa a Yu Xian?
Que cousa vos chamaron a atención?
En España temos as mesmas oportunidades e acceso a educación os nenos e as nenas?


ESTA É A VOSA TAREFA
Investigade sobre o tema de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en España e en China.





No hay comentarios:

Publicar un comentario